A FEGAPI suspende el Campionato Galego de Pista de barcos de Equipo
Problemas económicos de la entidad hacen tomar esta drástica medida
O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea relataba hoxe nun comunicado interno aos clubes, que dada a delicada situación económica da entidade por el presidida, dediron suspender o Campionato Galego de Pista para barcos de Equipo. Con esta medida preténdese aumentar a viabilidade da propia Federación, e seguir coa folla de ruta trazada que os levou a reducir a débeda coa que tomaron o relevo da anterior Directiva en máis de 300.000 €uros só neste ano de mandato. A pesares disto, e de que os gastos desta entidade deportiva se reduciron de maneira constante e moi cuantiosa, este esforzo non está sendo suficiente para poder cumprir cos obxectivos marcados inicialmente, polo que é necesario suspender agora este campionato. Campionato Galego de Pista para barcos de EquipoEsta competición que pecharía as probas da Copa Galega de Pista, debía celebrarse este sábado en horario de 15:00 h. a 21:00 h. As inscricións cerráronse o pasado domingo e xa se atopaban anotados 30 clubes, que en total desprazarían á pista de Verducido máis de 420 deportistas repartidos en 305 barcos. As categorías convocadas pasaban por Cadetes, Xuvenís, Séniors e Veteranos nas distancias de 1.000 e 500 metros para os homes e en 500 e 200 para as damas, que segundo as categorías participarían en canoas e kayaks dobres ou cuádruples. Na súa organización participan máis de 20 persoas entre árbitros, persoal de salvamento, megafonía, xuíces de saída e persoal de limpeza.