Portada ›› Remo ›› V bandeira Marina Cabo de cruz. VI Bandeira concello de Boiro Femenina

V bandeira Marina Cabo de cruz. VI Bandeira concello de Boiro Femenina

V bandeira Marina Cabo de cruz. VI Bandeira concello de Boiro Femenina

O cr mecos coruxo isable mantén o liderado da liga galocia calidade tras gañar a VI Bandeira concello de Boiro Femenina. Na liga masculina Tirán cede o liderato cun oitavo posto a favor do Cr mecls isabel. O gañador da V bandeira Marina Cabo de cruz foi o CR Ares.

As traíñas volvero a Cabo de Cruz, tralo campionato galego, para desputar outraxornada da Liga Galicia Calidade e da Liga Galega de traiñas A. Na categoroa feminina, en dúas quendas lanzadas, o Cr Mecos-Coruxo-isabel fixose coa vitoria, da regata e da quenda, tras superar ao CR Cabo de Cruz
, que foron segundas, e a SD de tirán que remataron cuartas. As de Moaña víronse superadas polo CR Salgado - Perillo que dende a segunda quenda fixéronse co posto de honra tras aventaxales no terceiro longo en 19 segundos. O quinto posto foi para o CM de Mugardos e o sexto para o CR de Chapela.

Na liga masculina a V Bandeira Marina Cabo de Cruz deixou un novo líder, o terceiro en dúas semanas. O liderado agora é para o Cr Mecod Isabel que rematou segundo por detrás Ares, campións da bandeira, pero ao que avantaxan na clasificación xeral. O terceiro posto fai oara a SD Samertolameu - Oversea e o cuarto para o CR Cuca - Vilaxoán. Os vilaxoaneses gañaron a segunda quenda por diante de Bueu-Tecarsa, Mera e Cabo de Cruz. Todas as embarcacións desta manga superaron á SD de Tirán - Pereira. Os da Mar do Con foron a sorpresa negativa da xornada que tras chegar como líderes sitúanse cuarto co oitavo posto acadado nesta xornada. A novena posición foi para Rianxo que gañou a súa manga ao CR Muros e a Amegrove CR.

Tralo acontecido en Cabo de Cruz, o CR Mecos - Isabel sitúase líder, tres puntos por diante do CR Ares e da SD Samertolameu - Oversea e 7 por riva da SD de Tirán - Pereira.