Portada ›› Remo ›› Mecos Coruxo Isabel marca o ritmo no inicio da Liga Galicia Calidade As rapazas de Mecos foron primeiras de principio a fin

Mecos Coruxo Isabel marca o ritmo no inicio da Liga Galicia Calidade As rapazas de Mecos foron primeiras de principio a fin

Mecos Coruxo Isabel marca o ritmo no inicio da Liga Galicia Calidade As rapazas de Mecos foron primeiras de principio a fin

Daba comezo a Liga Femenina de traiñas coa disputa da IV Bandeira Concello de Redondela na praia de Arealonga en Chapela, primeira vez na historia que compiten nas mesmas condicións que os homes e baixo un novo nome, o de Liga Galicia Calidade.

Regata lanzada que na primeira quenda reflexou moita igualdade dende o inicio entre Tirán e Perillo e ainda que na primeira virada mandaron as de Tirán, finalmente saíron vencedoras as segundas. O conxunto local de Chapela estivo lonxe dende o inicio, facendo un enorme esforzo por manterse o máis preto posible das súas compañeiras de queda, pero era complicado polo ritmo que reinaba.
Lanzadas e nunca mellor dito saíron na 2a quenda. Mecos Coruxo Isabel e Cabo de Cruz, ambas baixaron de 6 minutos e demostraron a boa saúde do remo feminino galego, colocandose dende o primeiro como candidatas a victoria no dia de hoxe
Relativamente preto estivo Cabo de Mecos nos dous primeiros longos, pero as rapazas de Mecos imprimiron un ritmo dificilmente de aguantar e rematou vencendo a vinte segundos de Cabo. Mugardos, como Chapela na 1aquenda loitou contra os elementos e finalizou moi lonxe da cabeza.
Finalmente, bandeira e liderato para Mecos, cunha victoria como reza o novo nome desta fermosa liga de “calidade”
A Cabana volve vencer e presenta a súa candidatura o ascenso Os rapaces de Ferrol continuan na cabeza da Liga B
Na primeira queda Perillo venceu con certa suficiencia (de feito finalizou quinto na xeral) polo que demostrou estar para moito mais que para participar nesta primeira queda. Chapela aguantou, pero foi perdendo comba e rematou a máis de trinta segundos. Mugardos estivo lonxe e foi a un minuto de Perillo.
No que respecta a segunda queda, ningún dos 3 equipos fui quen de superar a Perillo, gran igualdade entre Castropol e Cedeira que chegaron cunha diferencia de dous segundiños, pechou esta quenda Cangas que viuse lonxe da cabeza dende o inicio.
Chegaba o plato forte desta XXXIII Bandeira Concello de Redondela coa quenda de honra e non defradou, A Cabana foi quen dende a primeira virada de manter a cabeza de carreira, Esteiro aguentou o ritmo e chegou con opcións ata o final como aconteceu a semana pasada, pero finalmente claudicou a dez segundos. A gran loita desta quenda foi da Esteirana con Cesantes que remataron a dous segundos dos de Esteiro.
O cuarto invitado, Coruxo, foi quen de manter o ritmo o principio, pero o forte ritmo imposto por A Cabana fixolles perder toda opción.
A Cabana volveu vencer e acumula todas as bandeiras deste ano 2019, será en Perillo a terceira?