Portada ›› Remo ›› Chapela WOFCO arrasa en Ferrol

Chapela WOFCO arrasa en Ferrol

Chapela WOFCO arrasa en Ferrol

* As remeiras de Chapela superaron por case dous minutos ás súas principais rivais de Cesantes Amegrove Cefycal
* Salgado Perillo confirma a súa melloría cun novo terceiro posto
*As anfitrioas de Mugardos a Cabana de Ferrol superan a Cabo de Cruz dende a primeira manga

A liga galega de traiñeiras viaxou este domingo a Ferrol para disputar una nova xornada da liga Feminina Trofeo Xunta de Galicia. A enseada da Cabana de Ferrol acolleu a VIII Bandeira Cidade de Ferrol – VI memorial Miguel Derungs Criado. Despois dun día soleado, o vento fixo acato de presencia para ser un factor máis en conta no desenlace desta regata.
Tralo acontecido no día de onte en Rianxo, e cunha regata a 6 longos, as traiñeiras saíron a competir segundo a clasificación do día de onte. Deste xeito, Rianxo que é terceira na clasificación partiu dende a primeira manga. Xunto coas anfitrioas de Mugardos A Cabana de Ferrol e Castropol. Facendo valer a súa posición de favoritas as de Rianxo comenzaron primeiras, pero coas anfitrioas a catro segundos e Castropol moi preto. Mugardos Cabana de Ferrol recortou un segundo na segunda virada facendo prever unha regata igualada pero a partir do terceiro longo Rianxo puxo a directa e deixou sen opcións nin as anfitrioas que remataron segundas nin a Castropol que quedou moi lonxe en terceira posición.
A continuación saíu a competir a quenda de honra con Cesantes Amegrove Cefycal, Chapela Wofco, Cabo e Salgado Perillo. As miradas estaban postas nas dúas primeiras para ver se Chapela Wofco recuperábase do golpe recibido no día de onte e se as da Pabliño poderían aspirar de verdade a ganar a liga. A dúbida resolveuse pronto porque Chapela Wofco fixo unha desas regatas que quedan gardada na historia da liga e arrasou ás súas rivais. Cunhas diferencias que aumentaban considerablemente en cada virada e gañando finalmente por case dous minutos as súas principais rivais. Precisamente Cesantes Amegrove Cefycal pechou en segunda posición. Na segunda virada as de Salgado Perillo puxéronselle a un segundo pero a igualdade durou pouco. A partir da terceira virada, Cesantes Amegrove Cefycal foi pouco a pouco aumentando a súa vantaxe. Por detrás Salgado Perillo lonxe das da Pabliño e moito mellor cas de Cabo, loitaban co crono de Rianxo no primeiro longo. Unha batalla que finalmente se levaron as de Oleiros, demostran que a segunda quenda non lles queda grande. Cabo estivo en cuarta posición en todo momento e incluso intentaron superar o crono das anfitrioas pero non foron capaces de facelo e remataron sextas, por diante só de Castropol.