Portada ›› Remo ›› Cabo feminino e Puebla máis líderes e Tirán Pereira recupera o liderado da liga A.

Cabo feminino e Puebla máis líderes e Tirán Pereira recupera o liderado da liga A.

Cabo feminino e Puebla máis líderes e Tirán Pereira recupera o liderado da liga A.

A liga galega de traiñeiras desprazouse por completo a Rianxo para disputar unha nova xornada de liga.

Con ceos nubosos e con todas as normas impostas pola consellería de sanidade, a bandeira celebrouse sen incidencias.Os primeiros en saír a competir foron os da liga B. En dúas quendas lanzadas, Puebla non deu opcións aos seus rivais, liderando de principio a fin e aumentando a súa vantaxe na liga. Por detras Cesantes e Perillo marcaban tempos similares ao igual que Narón denden a quenda seguinte, Chapela pechaba as viradas. Finalmente o segundo posto foi para Cesantes, o terceiro para Narón e o cuarto para Salgado Perillo.

Tras a liga B foi a quenda da liga feminina. E ao igual que na categoría anteior, as líderes de cabo de cruz tampouco lle deron opcións aos seus rivais. Andiveron cerca na metade das regatas as remeiras de Salgado Perillo pero non puideron mellorar o segundo posto. Terceiro foi Tirán Pereira, cuarto Chapela e quinto Rianxo. Ao principio da regata, as rianxeiras puxeron en complicacións ás da Arealonga, pero as remeiras de Chapela sentenciaron no segundo tramo da competición.

A liga A foi a última en saír a acción. Con dúas quendas lanzadas nas que Cabo marcou os mellores tempos seguido moi de cerca por Mecos. Por detrás Esteirana y Rianxo competían dende quendas diferentes coa victoria final do equipo anfitrión. Con Rianxo compartían quenda Muros e Mera que disputaron a 10 posición ata o último momento, un pequeno triunfo que se levaron os da Muradana.Na quenda de honra volveuse a gozar dun gran enfrontamento entre Samertolameu Oversea e Tirán Pereira. As dúaa embarcacións altérnanse nas victorias e están deleitado ao público cunha batalla moi reñida. A vuctoria hoxe foi para Tirán Pereira que empata a puntos aos seus veciños e optén o maiot da liga. A terceira posición foi para Bueu Tecarse que gañou con claridade ao seu principal rival, a Vilaxoán. Os vilaxoanes finalemente caían á quinta posición cun tempo peor co de Cabo da Cruz.