Portada ›› Remo ›› Ares consigue o Poker en Samertolameu

Ares consigue o Poker en Samertolameu

Ares consigue o Poker en Samertolameu
  • Mugardos A Cabana Ferrol, sorpresa positiva da xornada rematando en sexta posición
  • Cabo foi a cruz, pasando do sétimo posto acadado en Chapela ao último en Meira
  • Tirán - Pereira arrebátalle a segunda posición a Chapela - Wofco

A liga galega de traiñeiras A viviu esta fin de semana a súa primeira xornada dobre da tempada. Trala regata disputada en Redondela, as traiñeiras desprazáronse este domingo a Moaña para competir na X Bandeira Illa do Samertolameu. Cun día caloroso, co ceo nubrado e o mar en calma, foron moitas as persoas que se achegaron a gozar dunha nova xornada de remo.

Abriron a contenda os catro equipos que pecharon a clasificación no día de onte e, que neste caso, coincidía coa clasificación da liga. Así Mecos, Mugardos A Cabana de Ferrol, Narón e Cesantes Rodavigo foron os primeiros en saír a remar. Á primeira referencia chegaban na cabeza Mecos, o equipo que caía a esta quenda tralo resultado de onte, e Mugardos A Cabana de Ferrol, seguidos de Narón e Cesantes Rodavigo. Os de Ferrol, nas xornadas disputadas ata o de agora, loitaban preto da cabeza da quenda pero sen conseguir un resultado éxitoso. Unha situación que cambiou no día de hoxe, cando colleu a dianteira na segunda virada e non a soltou ata o final, gañando a quenda e superando a Mecos, Narón e Cesantes Rodavigo. A pesar de pechar a quenda, a sensacións dos de Redondela foi totalmente diferente que no resto de regatas, quedando moi próxima aos seus rivais, só 3 segundos por detrás de Narón.

Precisamente, a boa regata dos de Cesantes Rodavigo tivo premio, xa que conseguiron superar a Cabo da Cruz, que foi a sorpresa negativa da xornada, rematando a segunda quenda e a regata en última posición. Fin de semana de cara e cruz para os de Boiro. Sétimos en Chapela e duodécimos en Meira. A manga a gañou con claridade Rianxo, que non deu opción nin aos veciños do Barbanza, nin aos locais de Samertolameu Oversea, nin a Urme. Estas dúas últimas traiñeiras comezaron moi parellas e con tempos similares aos de

Trofeo Xunta de Galicia´24 Nota de prensa Trofeo Xunta de Galicia´24

Mugardos A Cabana de Ferrol e Mecos, o que facía que en cada virada as posición alternáranse de forma significativa. Finalmente, os da Terca colleron a dianteira e superaron a Urme. Iso si, cun tempo peor que os de Ferrol, rematando no sétimo posto da xornada. Os de Mugardos A Cabana de Ferrol, co sexto posto acadado, foron a gran sorpresa da xornada. Urme rematou a quenda terceira e superando por décimas a Mecos, acadando o 8° posto da bandeira.

Na quenda de honra, Ares mostrouse intratable e superou con claridade aos rivais da súa manga. Catro de catro, poker dos da Santa Olalla de Lubre, que se escapan no liderado da liga. A emoción desta quenda estivo por detrás, Chapela Wofco, Castrolpol e Tirán Pereira loitaron á par en todo momento e o baile de posicións foi constante. Chapela Wofco comezou segunda con Castropol cuarta. Logo foi Tirán Pereira a que colleu a segunda posición e finalmente, no terceiro longo Castropol púxose terceira aguantando a vantaxe para rematar por diante dos de Chapela. Co resultado, Tirán Pereira recupera a segunda posición e sácalle un punto a Chapela Wofco. Castropol continúa afianzado na cuarta posición.