Portada ›› Remo ›› II BANDEIRA DE BATEIS MUROS DE SAN PEDRO

II BANDEIRA DE BATEIS MUROS DE SAN PEDRO

II BANDEIRA DE BATEIS MUROS DE SAN PEDRO

ORGANIZA: Club de Remo Muros
DATA: domingo 30 de marzo de 2025
LUGAR: Porto de Muros (Dársena dos arrastreiros)
HORARIOS: 09:30h Reunión de delegados
11:00h Comezo das regatas

muros2

Desenrolarase nun campo en liña de 5 boias, dependendo do número de equipos inscritos en cada categoría as tandas poderán ser lanzadas.
- As regatas desenvolveranse conforme a normativa vixente para regatas de bateis da FEGAR e estará supervisada por árbitros da Federación Galega de Remo.
- Medallas para os 3 equipos mellor clasificados en cada categoría
- Bandeira masculina e bandeira femenina, según normativa da Liga Galega de Bateis
- As inscriccións deberán realizarse a través da web da FEGAR (https://www.remogalicia.org) no prazo que marca o Regulamento de Competición da Liga Galega de Bateis. Para calquera incidencia coa inscricción contactar coa propia FEGAR.
- O propio día da regata cada club participante deberá entregar a folla de inscricción definitiva (con fotos) ao equipo de xuices árbitros na reunión de delegados.
- O clube de remo Muros conta cos permisos expedidos polas administracións competentes para o desenvolvemento desta proba deportiva. Se houbese que suspender a proba por causa de forza maior ou porque así o determinase algunha das autoridades que concederon ditas autorizacións, o club de remo Muros non se
fai responsable da cancelación da regata.
- Os clubs que participen na regata, farano baixo a súa responsabilidade, non correspondendo ao clube organizador ninguna responsabilidade por calquera accidente que se poidera ocasionar antes, durante ou despois da proba.
- Cada club participante terá asignado un lugar propio para a ubicación dos remolques.
- Árbitros Federación Galega de Remo.