Fotonoticia: O secredario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete Lasa, recibiu no Club Náutico de Portosín ao regatista galego Iago López Marra
O secredario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete Lasa, recibiu no Club Náutico de Portosín ao regatista galego Iago López Marra que vén de acadar a clasificación de España para os Xogos Olímpicos de Toquio 2020 en 49er tras o cuarto posto acadado no Mundial de Auckland. O mandatario galego destacou o "excelente nivel da vela en Galicia que está a firmar un ano 2019 inmellorable" e anticipou que "o mellor está por chegar en 2020, ano olímpico". Neste sentido lembrou o gran papel de Patricia Suárez en Auckland que tamén acadou a clasificación do barco español de 49er FX para as Olimpíadas.