Tirán - Pereira gaña no Grove e apreta a liga
Os da mar do con gañan a bandeira tras remontar a Samertolameu - Oversea. Cabo é terceiro partindo da segunda quenda. Vilaxoán cae da última manga ata a 6 posición.
A liga galega de traíñas A desprazouse na terceira xonada deste 2020 ao concello do Grove. Con todas as medidas de seguridade no Peirao meco e cun mar bastante picado disputouse a IX Bandeira Virxe do Carme.
Partían na primeira queda os tres equipos que pechaban a liga: Esteirana, Rianxo e Muros. De principio a fin os de esteiro foron moi superiores e non deron opcións aos rivais. Por detrás marcou o ritmo Muros pero seguido moi de preto por unha Mariñeira que vai recurtando distanzas regata tras regata.
A segunda manga estivo moi disputada, de novo, por Mecos e Cabo. Os de Boiro lideraban cos anfitróns a escasos segundos ata o último longo, onde os rapaces de Cabo demostraron estar un punto por diante da Mequiña, ao menos, neste inicio de tempada. Por detrás Rianxo loitaba contra o crono, concretamente, co tempo da Esteirana. Unha batalla que perderían os do Barbanza por só 5 segundos.
As sorpresas virían na quenda de honra. Na primeira referencia Samertolameu Oversea lideraba seguido de Tirán Pereira, Bueu Tecarsa e Vilaxoán. Os tempos destes dous últimos igualados aos rivais da quenda anterior. Na segunda virada Tirán Pereira facíase coa cabeza da regata e non a soltaría ata o final, facéndose coa IX Bandeira Virxe do carme, primeira da tempada para os da Mar do Con. A segubda posición sería para Samertolameu Oversea, que mantén o liderado por tan só un punto. Por detrás chegou Bueu Tecarsa, que viu como Cabo lle arrebataba o terceiro posto por centésimas. Pechou a quenda Vilaxoán rematando en sexta posición superados por Mecos dende a quenda anterior.
O resultado de hoxe marcará a saída da próxima regata. Cabo ascende a quenda de honra e Esteirana á segunda en detrimento de Vilaxoán e Rianxo. A VI Bandeira Illa do Samertolameu Concello de Meaño dará comezo mañá as 12 do medio día.