O Trofeo Xunta de Galicia-Liga Galega de Traiñeiras estréase con todo o seu potencial en Sanxenxo
O Trofeo Xunta de Galicia-Liga Galega de Traiñeiras abriu unha nova temporada en Sanxenxo. Co porto desta localidade pontevedresa completo ata a bandeira, os afeccionados non quixeron perderse a estrea de todas as categorías do remo galego.
Abriron o fogo as remeiras con tres quendas lanzadas nas que o crono convertíase no gran protagonista. Cabo da Cruz e Chapela-Wofco marcaban tempos similares na cabeza; por detrás a terceira posición defendíaa Mugardos – A Cabana Ferrol; na zona media loitaban Tirán Pereira, Ribeira e Rianxo; deixando atrás a Castropol, Salgado Perillo e a Puebla. As vantaxes mantivéronse en tempos similiares sendo finalmente Cabo a que se alzou coa primeira victoria da temporada. Chapela fixo segunda e Mugardos – A Cabana Ferrol terceira pechando os postos de honra. Por detrás, remataron Rianxo, Tirán Pereira, Ribeira, Salgado Perillo, a debutante este ano Castropol e pechou Puebla.
A Liga B viu retrasada a súa saída por un problema nas ceabogas de 'fóra'. Finalmente, a organización decidiu continuar coa competición en formato contra o reloxo. Saíndo de minuto en minuto, Castropol, a última en arrancar, era a que marcaba os mellores tempos, seguida de Samertolameu Oversea, Vila de Cangas e Cedeira. Completaban Amegrove, Salgado Perillo e Muros. A clasificación non cambiou ata o final, coa excepción de Cedeira, que conseguiu gañar un posto, adiantando a Vila de Cangas, para rematar terceira. A vitoria foi para Castropol nun día histórico para os asturianos: primeira vitoria na Liga Galega de Traiñeiras e debut da embarcación femenina.
Liga A
Continuando coa contra o reloxo, a Liga A viuse dividida en dúas quendas. Na primeira liderou Bueu Teccarsa, seguida de lonxe por Rianxo, que competía en tempos similares aos de Narón, Mecos e Mera. Pechaba máis lonxe Mugardos. A clasificación final desta quenda deparou a remontada do equipo de Oleiros, que de marcar o quinto tempo en todas as referencias finalmente quedou terceiro por diante de Narón, Mecos e Mugardos, e por detrás de Rianxo e Bueu Teccarsa, que asinou un gran rexistro.
A continuación, partiu a segunda quenda co on Samertolameu Oversea liderando e Tirán Pereira moi preto, pero sen conseguir mellorar o tempo de Bueu. Terceira era Cabo B, cun baile de tempos con Rianxo que finalmente se levaron os de Boiro. Na zona media, Cesantes e Chapela tentaban superar a Mera, Mecos e Narón. Puebla loitaba por bater a Mugardos e achegarse ao grupo de adiante. A clasificación desta quenda non variou e Meira e Tirán non puideron superar a Bueu, que comeza a liga con vitoria e liderado. Cuarto foi Cabo B por diante de Rianxo. Seguindo Mera, Narón, Mecos, Chapela-Wofco, Cesantes Rodavigo, Puebla e Mugardos.
Unha vez rematadas as regatas, os clubs e afeccionados gozaron da presentación dos equipos e do comezo oficial do Trofeo Xunta de Galicia.