O CR Mecos Coruxo Isabel sae campeona de Mugardos a falta dunha xornada por disputarse.
Como aconteceu o longo da tempada, o CR Mecos Coruxo Isabel, competiu aparte, so Cabo estivo preto de elas pero finalmente foi incapaz de aguantar o ritmo das tamén campionas de España. Tirán e Perillo lonxe da cabeza e tamén da cola da regata quedaron terceiras e cuartas. Chapela e Mugardos pecharon esta II Bandeira Reganosa Femenina.
Semana fantastica para Coruxo que saca billete para o Playoff
Segunda Bandeira da semana para Coruxo nunha Liga B na que A Cabana sae campeón
Hoxe remataba a Liga B, finalizaba no porto de Mugardos con duas quendas lanzadas, contrareloxo, e moita diferencia entre elas, na primeira Chapela levou a cabeza da carreira dende o inicio e con Castropol pegado, logrou vencerlle por algo máis de un segundo. Na segunda, Coruxo foi quen de vencer a Cesantes na sua particular loita por entrar no playoff, vencendo ademais a Bandeira e acompañará a Esteirana a semana que ven no Teresa Herrera, por si fose pouco, Cesantes trabucouse nunha das boias e foi descalificado. A Cabana foi terceiro, resultado que lle serviu para ser o flamante campeón da Liga B. Ferrol volverá a disfrutar da Liga A na tempada 2020