Portada ›› Remo ›› Javier Rodríguez reelixido como Presidente da Liga Galega Traiñeiras

Javier Rodríguez reelixido como Presidente da Liga Galega Traiñeiras

Javier Rodríguez reelixido como Presidente da Liga Galega Traiñeiras

O pasado mércores celebrouse a derradeira Asemblea da Asociación Liga Noroeste, que tivo como punto principal o proceso de elección de Presidente para as próximas dúas tempadas.

Deste proceso saíu novamente elexido D. Javier Rodríguez Barros, por unanimidade sendo esta a única candidatura, e que polo tanto seguirá ao fronte da asociación e da Liga Galega de traiñeiras.

O Presidente pasou a comunicar a composición da Xunta Directiva:
Presidente/Tesoureiro - Javier Rodríguez (CR Salgado-Perillo)
Secretaria - Montserrat Canedo Souto (CR Rianxo)
Vogal- Jorge Rodríguez Crespo (CCD Cesantes)
Vogal - Esther Rial Sanjuán (CR Vila de Cangas)

O Presidente confirma a súa continuidade co desexo de dar un forte impulso á competición. As liñas de traballo pasan por dotar de maior protagonismo aos deportistas, mellorar a repercusión audiovisual, incrementar os apoios de patrocinadores privados e mellorar o aspecto organizativo das competicións.

O mandato terá unha duración de dous anos. A finais do 2023 repetirase este proceso.

Saúdos.