III Bandeira Illa do Samertolameu.Trofeo Xunta de Galicia 2023
O porto de Meira en Moaña acolleu a terceira xornada da liga galega de traiñeiras A. Cunha xornada soleada, centos de persoas se achegaron a gozar da III Bandeira Illa do Samertolameu.
Na primeira quenda o Club de Remo Mecos non dou opcións aos rivais e liderou a manga de principio a fin. Segundo foi Cesantes Rodavigo que intentou sen éxito achegarse aos do Grove. A emoción estivo na loita pola terceira posición, tras virar 9 segundo por detrás na última virada, Puebla conseguiu remontar para gañar a Samerolameu Fandicosta por tan só 27 centésimas.
Na segunda manga, a igualdade coa que chegaron á primeira virada os catro barcos durou pouco, xa que a partir do segundo longo Castropol colleu a dianteira e foi aumentando a diferenza cos seus rivais a medida que avanzou a quenda. Segundo foi Cabo que mantivo a diferencia con Rianxo para evitar a remontada dos veciños do Barbanza. Pechou a quenda Narón, que estivo lonxe dos seus rivais pero loitando co crono das embarcacións da manga anterior. Finalmente Narón rematou cun tempo peor co de Mecos.
A igualdade si dominou na segunda manga, a excepción de Chapela Wofco que comezou liderando e finalmente caeu ata a cuarta posición, Bueu Simei, Ares e Tirán Pereira loitaron a bandeira ata o final con vitoria para os de Bueu. Ares foi segundo, recuperando camisola, e Tirán Pereira terceiro.