Portada ›› Remo ›› A Liga Galega de Traiñeiras confirma a participación de 31 clubs para 2020

A Liga Galega de Traiñeiras confirma a participación de 31 clubs para 2020

A Liga Galega de Traiñeiras ratificou onte, por medio do segundo prazo de inscrición, o crecemento exponencial que ven traendo nos últimos tempos, i e que ata 31 embarcacións participarán na edición 2020.
Con esta cifra supérase en 3 equipos a participación da tempada 2019. Trátase do maior rexistro acadado na competición, na cal, tomarán parte un total de 682 remeiros e remeiras.

A salientar a consolidación da Liga Feminina que contará con 10 participantes, sen dúbida un grande avance en materia de promoción do deporte feminino.
Ademais as condicións serán totalmente igualitarias entre homes e mulleres: premios a percibir, distancia a remar e requisitos de remeiros/as canteiráns nas aliñacións.

Ao largo do mes de marzo confeccionarase o calendario definitivo de competición da Liga Galega de Traiñeiras, que comprenderá os meses de xuño, xullo e agosto.

As tres Ligas quedan repartidas da seguinte forma:

LIGA A (12)
1- SD Tirán-Pereira
2- CR Mecos-Isabel
3- SD Samertolameu-Oversea
4- CR Cuca-Vilaxoán
5- CM Bueu-Teccarsa
6- CDM Mera
7- CR Cabo de Cruz
8- CR Rianxo
9- CR A Cabana-Ferrol
10- AD Esteirana
11- CR Coruxo
12- Amegrove CR

LIGA FEM (10)
1- CR Cabo de Cruz
2- CR Salgado-Perillo
3- SD Tirán-Pereira
4- CM Mugardos
5- CR Chapela
6- CRN Riveira
7- CR Rianxo
8- SD Samertolameu-Oversea
9- CR A Cabana-Ferrol
10- AD Esteirana

LIGA B (9)
1- CR Muros
2- CCD Cesantes
3- CR Cedeira
4- CM Castropol
5- CR Chapela
6- CR Salgado-Perillo 7- CM Mugardos
8- CR Narón
9- CR Puebla