A Cabana vence na XXX Bandeira Concello de Cangas e continua líder da Liga B
Os de Ferrol mantiveron unha dura loita coa AD Esteirana ata o final
Na primeira tanda moita igualdade entre Vila de Cangas e Chapela dende o principio, pero un terceiro longo deficiente por parte dos locais fixo que Chapela collese unha vantaxe que finalmente pechouse cerca dos dezaseis segundos, Mugardos estivo lonxe durante toda a tanda e parou o crono nun 21:19 que o fixo ser último da tanda e da bandeira
A segunda tanda, algo máis igualada que a primeira, serviu para que Castropol mantivese a cabeza dende o inicio do longo ata o final e ainda que Perillo chegou a estar preto nalgun momento non foi quen ni sequera de meter o medo no corpo os asturianos que foronse ata os nove segundos de diferencia. Cedeira moi lonxe xa dende o ecuador da tanda, tivo que conformarse con intentar superar as embarcacións da primeira tanda.
Na quenda de honra, na que se están en case todas as bandeiras da tempada a decidir o top4 das regatas, si houbo igualdade real, na que tanto Esteirana como A Cabana demostraron unha vez máis que entre elas estará o campeonato de esta LIGA B salvo sorpresa maiuscula. Remaron ambalas dúas por debaixo dos vinte minutos e viraron no mesmo tempo nos dous primeiros longos. So logrou separarse e sacar vantaxe a Cabana no terceiro cunha diferencia infima de dous segundos, vantaxe que se vería incrementada ata os 4 segundos do final. Coruxo en terra de ningures, ainda que estivo preto da cabeza en algún momento rematou lonxe do top2 e obtivo moita vantaxe co resto dos rivais. Cesantes foi un espectador de luxo a este man a man e finalizou a 44 segundos do gañador.
Terceira bandeira da tempada para A Cabana que continuará unha semana máis como líder da LIGA B. O domingo que ven é o turno da bandeira de Coruxo. ¿Haberá terceiro invitado na festa da Liga Galega de Traiñas?