Firrete, Pontecesures y Piragüismo Poio, clubes triunfadores de la 1ª regata de promoción
Anxo Susavila (As Torres) y Carolina García (Ciudad de Pontevedra) demostraron ser los mejores alevínes de la competición.
Noa Rouco (Ría de Aldán-Hmnos Gandón), Adrián Rivademar (Breogán), Alexandre Castro (Ciudad de Pontevedra), Raquel da Costa (Piragüismo Rías Baixas), Pedro Galbán (As Torres) y Borja Bejo (CN Muíño) lograron los mejores tiempos en las diferentes pruebas infantíles.
Magnífico resulto el inicio de la temporada galega de promoción ya que la cita de esta lluviosa mañána de primavera logro reunir a cerca de 300 palistas infantiles e alevín pertenecentes a 32 clubes gallegos.
Unha xornada de convivencia e competición no encoro de Verducido que rematou cara as tres da tarde coa clasificación xeral capitaneada polo Club Náutico Firrete, logo de acadar un total de 3.022 puntos. Os dous seguintes postos, a bastante distancia no cómputo xeral, merecéronos o Club Náutico Pontecesures (2.708) e a Escola Piragüismo Poio-Conservas Pescamar (2.686).
Na categoría Alevín, que se disputaba sobre os 1.500 metros, en HOME (A) K1 o mellor tempo foi para Anxo Susavila Otero, das Torres Romería Vikinga, quen chegou a meta con David Piñeiro, Pescadores Portonovo, e Iván B. Pol, do Narón, seguíndolle moi de preto. Na mesma categoría pero en MULLER (A) K1 a Escuela Ciudad de Pontevedra logrou copar podium coa presenza das rapazas Carolina García e Alba Lorenzo, as que tamén acompañou dende o Cambados María San Miguel.
Tamén é de destacar o papel das MULLERES INFANTIL (B) en K1, sobre 3.000 m, onde Noa Rouco, do Ría de Aldán-Hermanos Gandón e Isabel Lozano, Verducido-Pontillón, loitaron por escasos segundos ata entrar na liña de meta mentres que na clasificación A Raquel da Costa, P. Rías Baixas, e Cintia Fernández, Ría de Aldán houberon de facelo mesmo para merecer os dous primeiros postos.
Con respecto dos HOMES INFANTILES (B), en C1 o gañador da proba chegou dende o Club Breogán do Grove, con Adrián Rivademar Outeda, quen demostrou que na súa familia niso de ser campión non ten a exclusividade o irmán maior.
Tampouco hai que esquecerse de destacar o bo papel de Alexandre Castro, da Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra, xa que co seu esforzo mereceu o primeiro posto en K1 dos HOMES INF. B ou a Pedro Galbán Lesende, das Torres Romería Vikinga, primeiro en cruzar a liña de meta en INFANTIL A C1. Pola súa banda, o campión galego en Infantil B da tempada pasada, Borja Bejo, quixo comezar a XVI Copa Galega de Promoción sumando a mellor puntuación en HOME INFANTIL A K1.